jueves, 25 de abril de 2024

" Visita Xabier Blanco- AFAMO "

O pasado martes o alumnado de cuarto tivo a sorte de contar no centro con Xabier Blanco e responsables de AFAMO para coñecer a historia dos maios e compoñer as súas coplas, que cantarán o día 2 de maio nunha actividade que faremos en colaboración con Afamo e outros centros da contorna.




" Xogamos con XOGADE "

Este mércores, o alumnado de cuarto e quinto de educación primaria asisitiron ao pavillón do Gatañal en Cangas para disputar un campionato de balonmán contra outros centros da contorna. Esta iniciativa forma parte do programa XOGADE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. A verdade, que o pasamos xenial e conseguimos gañar algún que outro partido!



" Talleres de Arte Terapia e Reciclaxe "

 O alumnado de primeiro e segundo de educación primaria puideron vivir en primeira persoa os talleres de "Arte Terapia" e "Reciclaxe " que ofrece a asociación Amigos do Morrazo Verde (AMV).

Visto os resultados das súas obras, podemos non soamente augurar, senón incluso confirmar, que son uns/unhas GRANDES ARTISTAS 😍!




martes, 23 de abril de 2024

" Martín gris

Aquí vos deixamos o Kamishibai realizado polo alumnado de cuarto de primaria sobre o conto " Martín Gris " con motivo da visita da asociación AFAMO. O representaron tanto para eles coma para o resto do cole.




" Visita museo Massó "

 O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria visitaron o pasado venres o museo de Masó en Bueu. Descubrimos a historia que hai detrás desta antiga conserveira e fixemos un obradoiro sobre as baleas e o medio ambiente. A verdade que aprendemos moitas cousas!.



" Pleno concello "

 O pasado xoves Alma, Valentina e Biel, foron os nosos representantes no pleno infantil levado a cabo na sala de plenos do concello de Moaña onde tiveron que expoñer o seu argumento sobre a soidade na infancia e migración. A verdade que o fixeron super ben. Enhoraboaaa!




jueves, 18 de abril de 2024

" REcollida de alimentos no SPAR EXPRESS DE MEIRA "

 O alumnado do CEIP A GUÍA organiza unha recollida de alimentos no SPAR EXPRESS de Meira (Moaña) para doar ao BANCO DE ALIMENTOS. Do 22 ao 26 de abril podes facer a túa aportación. Colaboremos para axudar aos máis desfavorecidos!#bancoalimentosvigo #ceipaguiamoaña #voluntariado

https://www.instagram.com/reel/C54UZYcN982/?igsh=aWtjbG5jamt0d296