jueves, 22 de junio de 2017

Primeiro accésit por participar no proxecto de "Recíclate con Sogama "

 Hoxe saímos na prensa porque nos deron o primeiro accésit por participar en "Recíclate con Sogama", un proxecto  enmarcado dentro do plan proxecta no cal está inmerso o centro. É o froito que obtivemos de este gran traballo levado a cabo por todos e todas (profesorado e alumnado, persoal de limpeza, coidadoras, etc).
Unha mención moi especial a nosa mestra Almudena Marcos por ser a coordinadora deste proxecto e por motivarnos a todos e a todas para sacalo adiante. O bo traballo ten a súa recompensa. Enhoraboa!!
A disfrutalo......

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/06/22/sogama-premia-colegio-guia-patrullas/1703354.html


miércoles, 21 de junio de 2017

" Exhibición de dron"


" Charla e exhibición sobre drons "

O pasado venres tivemos unha charla moi interesante no centro levada a cabo por Miguel (pai de Manuel Juncal) sobre os drons. Foi super interesante e aprendemos moitísimas cousas. Moitas grazas por visitarnos e sobre todo pola gran exhibición que nos fixeches. Temos que repetir. Grazasssss








" Saída a Lalín"

O alumnado de primeiro, segundo e terceiro festexamos o final de curso en Lalín. Que ven o pasamos!






viernes, 16 de junio de 2017

" Benvida ao novo alumnado "

Onte recibimos no cole ao alumnado que virá para o ano ao  noso centro. Fixemos diferentes actividades, xogamos, merendamos e pasámolo xenial.


Rubén Gestido (alumnado de segundo de primaria) e a súa nai Sara presentáronnos  Kahoot, unha ferramenta web 2.0 que nos permite crear xogos de preguntas e utilizar calquer dispositivo con conexión a internet.O xogo desenvólvese en tempo real, todos os xogadores participan á vez. Neste caso xogamos co xogo creado por Rubén sobre pintores modernos.Moitas grazas, foi xenial. Enhoraboa!



martes, 13 de junio de 2017

" Concerto didáctico"

O pasado mércores, todo o alumnado do centro asistiu ao concerto didáctico que todos os anos organiza a Escola Municipal de música de Moaña e que este ano levaba por título " CIRCUS MUSICUS".



jueves, 8 de junio de 2017

" O alumnado de educación infantil foise a Apípolis "


" Orientacións no patio do cole "





 Urber, o pai de Sofía fixo un plano do exterior do cole. Todos tiñamos que seguir unhas instruccións que nos levaría a un tesouro, o cal estaba situado no areeiro de educación infantil. Pasámolo moi ben. Moitas grazas Urbe.