viernes, 15 de diciembre de 2017

" Obradoiros de educación infantil "



Aquí vos deixamos unha mostra do que facemos nos nosos obradoiros mixtos de 3,4 e 5 anos. Cada mércores os equipos van rotando polas tres aulas de infantil nas que realizan obradoiros de robótica, arte e realidade aumentada. Para comezar no obradoiro de realidade aumentada descubriron como é o corpo por dentro e atoparon diferentes animacións agochadas. No obradoiro de robótica comezaron a manexar o bee bot e conseguiron levalo ata as letras que forman os seus nomes. No obradoiro de arte descubriron a Yayoi Kusama e ás súas obras de arte creadas con círculos e realizaron autoretratos ó estilo desta artista. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario